miércoles, 29 de agosto de 2007

Nin esquerdos nin dereitos

No inglés cando un produto ten dereitos de autor, a estes chamanselles CopyRights; cando estes dereitos son "libres" a denominación é a de CopyLefts. É dicir, dereitos e esquerdos de copia.

Pois ben, se a xustiza(de calquera tipo) esta baseada nuns dereitos, as inxustizas estarán baseadas nuns esquerdos. Este razoamento é o que utilizo para titular esta bitácora. "Nin esquerdos...", as inxustizas son claramente indesexables; "...nin dereitos", porque realmente falta xustiza.

Cando falo de xustiza ou de dereitos non me refiro a leis nin nada diso, simplemente ó que a min pareceme correto. Por tanto todos os esquerdos aquí expostos estarán fortemente subxetivizados e tampouco e o meu fin que sexan compartidos,...son e punto.